O Vilagarcía frea a remontada do Visit Pontevedra no derbi

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

cedida

11 feb 2019 . Actualizado ás 16:49 h.

A tensión dos rivais e os pequenos detalles definiron un derbi no que o Visit Pontevedra caeu contra o Vilagarcía, un rival directo pola permanencia na máxima categoría. A igualdade foi o fío condutor dun partido no que xogaron Tsai Chun Yu, Nico Galvano e Martín Bentancor, por parte do Visit Pontevedra, fronte a xogaron Jean Lauric, Michel Obeslo e Sergei Nigeruk, do Vilagarcía TM.

Arrincou o encontro Betancor ante o ucraíno Sergei Nigeruk, que se adiantou cun parcial 2-0 ata que o xogador arxentino logrou sobreporse e remontar esta primeira parte na que se impuxo 3-2. A continuación, Jean Lauric superaba a un Nico Galvano falto de ritmo impondo un 3-0 no marcador. Cun 1-1 no xeneral, disputábase un gran partido entre o xogador de Taiwan Tsai Chun Yu ante o checo Michel Obeslo. Tsai desperdiciaba un 2-1 a favor, para acabar cedendo por 2-3, adiantándose no marcador o Vilagarcia por 1-2. Con este resultado, aínda estaba por chegar o partido máis emocionante do día entre Bentancor e Lauric, onde o que o xogador do Visit Pontevedra a punto estivo de culminar unha remontada épica. Despois de ir perdendo 2-0, empataba o partido e púñase arriba no quinto set, pero a mala fortuna apoderouse dos da ribeira do Lérez para acabar cedendo por 2-3 e así pórse o 1-3 en contra no xeneral.

A continuación saía Tsai ante Nigeruk, gañando de forma axustada por e dando emoción ao partido achegando no marcador aos pontevedreses. Finalmente, Nico Galvano tiña a oportunidade de dar o empate ao seu equipo, xogando o último punto ante Obeslo. Un Nico loitador non puido co xogador checo que mostrou moita seguridade ante o empurre de Galvano, impóndose por 0-3 e dando o punto definitivo ao Vilagarcía para imporse por 2-4 no xeneral.

Á marxe do resultado, o adestrador do Visit Pontevedra, Nando Álvarez, estaba satisfeito polo ambiente de Príncipe Felipe nunha mañá importante para o equipo.