Ravella quere renovar as varandas do parque Valdés Bermejo

Maruxa Alfonso Laya
m. alfonso VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O Concello pide unha subvención ao programa 1 % Cultural de Fomento

22 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Vilagarcía quere continuar cos traballos de remodelación iniciados hai xa un tempo na zona verde máis importante do municipio: a formada polo xardín botánico Enrique Valdés Bermejo e polo Castro de Alobre. O grupo de goberno solicitou axuda ao Ministerio de Fomento, a través dos fondos do 1 % Cultural, para renovar as varandas de seguridade que separan ambos os espazos. Unha obra que está valorada en 60.667 euros.

Nos últimos meses, Ravella renovou a escaleira e as ramplas de acceso á zona arqueolóxica do Montiño. Agora, a concellaría de Urbanismo quere actuar tamén no xardín botánico. O proxecto busca completar as condicións de seguridade e accesibilidade óptimas nesta gran área de recreo, de forma que os veciños poida gozar dela sen impedimentos e con total tranquilidade. Por iso a actuación prevista céntrase na recuperación dos principais accesos e dos lugares con maior desnivel, xa que o parque está formado por terrazas con cotas de alturas moi diferentes. As novas varandas serán similares en estética aos materiais instalados na última reforma.