O PP esixe melloras na recollida de lixo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Asegura ter recibido unha infinidade de queixas dos veciños pola falta de limpeza

22 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Ao PP de Vilagarcía non pairan de chegarlles queixas dos veciños polo estado que presenta a cidade, asegura a portavoz dos conservadores, Elena Suárez. «Existe un grave problema coa recollida de lixo e coa limpeza das rúas, cunetas e camiños, nunha área que afecta gravemente ao centro e ás parroquias», denuncia.

Os conservadores consideran que o goberno municipal está a dar síntomas de esgotamento e de verse superado pola situación. Por iso propoñen unha serie de medidas, para paliar o problema que existe actualmente. A súa primeira proposta pasa por substituír os actuais colectores por outros de maior capacidade. Tamén queren que se estude a posibilidade de instalar estes recipientes noutras zonas da cidade. Propoñen, doutra banda, que se incremente a frecuencia na recollida de residuos e na limpeza dos colectores, evitando así os malos cheiros. Para rematar, os populares apostan por pór en marcha un plan global de limpeza e acondicionamento no rural. «O único que fixo o goberno de Varela polo rural é subirlles o IBI, pero preocuparse por eles non entra dentro do seu modelo de coidade».