As mareas denuncian unha nova vertedura no tramo urbano do Con

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O movemento político local ten constancia da presentación dunha denuncia, e reclama que o Concello tome cartas no asunto

12 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Por unha Marea na Vila presentou onte unha petición de información ao Concello de Vilagarcía acerca do enésima vertedura que padece o río do Con. As mareas teñen constancia de que se presentou unha denuncia e consideran necesario que o Concello se implique a fondo nunha solución definitiva.