Evacúan a un bebé de catro meses tras un incendio en Vilagarcía

Rosa Estévez
Rosa Estévez VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O pequeno foi trasladado por precaución; ardera o patio traseiro do Peñón e a vivenda do menor, no primeiro piso, viuse acadada polo fume

22 may 2018 . Actualizado ás 17:28 h.

Ao redor das catro da madrugada, os veciños dun edificio da rúa San Roque foron desaloxados pola Policía Local. Na parte posterior do inmoble, nun almacén descuberto dun local de hostalería, iniciouse un incendio. O que ardían eran mobles de terraza, a maioría de plástico, o que provocou unha densa fumareda que fixo saltar todas as alarmas.

Ante semellante nube de fume decidiuse evacuar o primeiro e o segundo piso do inmoble, que ten oito plantas. Nunha das vivendas que se decidiu desaloxar vive un bebé duns catro meses de idade, segundo informa o 112. Por precaución, foi trasladado ao hospital, segundo aclaran os bombeiros do Salnés. Desde leste mesmo corpo apuntan a que o incendio puido ser sufocado rapidamente, e que os danos provocados polo mesmo limítanse aos mobles almacenados na terraza traseira do coñecido bar Peñón.