Medio millón para mellorar a seguridade viaria nun tramo do Camiño en Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Martina Miser

A Deputación aprobará hoxe en xunta de goberno a firma dun convenio por valor de 462.521 euros co Concello para a obra

05 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O núcleo de San Miguel de Valga está atravesado por unha estrada titularidade da Deputación. É unha vía na que os veciños se acostumaron ao tránsito de peregrinos: forma parte do Camiño de Santiago. E na que, ata agora, as condicións de seguridade non eran as máis adecuadas. Por esa razón, a Deputación aprobará hoxe en xunta de goberno a firma dun convenio por valor de 462.521 euros co Concello para «a execución dunhas obras que transformarán esta contorna». A entidade provincial achegará o 70 % o investimento, a municipal o trinta restante.

Antes de dar luz verde ás obras, o deputado de , InfraestuturasGregorio Agís, visitou onte a zona acompañado do alcalde, José María Bello . O deputado destacou «o avance en termos de seguridade viaria nun espazo sensible». «O proxecto resolve as necesidades cun deseño enmarcado no modelo de mobilidade integral para democratizar o espazo público, un modelo no que as persoas que camiñan gozan de prioridade».