Un raio provoca un incendio forestal en Catoira

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

O lume comezou ao fío das seis da tarde

13 sep 2021 . Actualizado ás 21:12 h.

Parece que as tormentas que nos acompañarán estes días chegan acompañadas dun bo aparataje eléctrico. A deste luns pola tarde foi así: ceo cuberto e raios. Un destes caeu ás seis da tarde en Catoira, nun monte situado xusto no límite entre esta localidade e Valga . Foi a causa dun incendio forestal que ía consumir uns 2.000 metros de monte raso. Na extinción do lume participaron efectivos de Protección Civil de Valga e Catoira, unha cuadrilla de Medio Rural, unha motobomba e dous axentes forestais.