Aberto o prazo para participar na degustación e o concurso gastronómico da Festa da Anguía e Mostra da Caña 

La Voz VALGA

VALGA

ADRIAN BAULDE

Para asistir a actividade «A caña no prato» tiene carácter solidario

12 ago 2021 . Actualizado ás 00:32 h.

Ata o 11 de agosto está aberto o prazo de inscrición para asistir ao showcooking «A caña no prato», unha das actividades con motivo da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga. Esta demostración de cociña en vivo a cargo dos cociñeiros Fran Jamardo, Rocío Garrido e Coque Fariña terá lugar o 13 de agosto no Centro de Interpretación da Caña do País a partir das 20 horas. Presentaranse catro tapas que poderán ser degustados polos asistentes e a maridaxe correrá a cargo de dúas empresas valguesas: Bodegas Torres Augusti e La Fabulosa.

O aforo está limitado a 25 persoas e para asistir é necesario entregar no rexistro de entrada do Concello a folla de inscrición cuberta. Esta pode descargarse a través do código QR que aparece en toda a cartelería das actividades ou na web do Concello (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes).

A actividade é gratuíta pero ten un carácter solidario, polo que cada persoa deberá entregar ao acceder un quilo de alimentos non perecedoiros que serán destinados aos Servizos Sociais.

Tamén no marco do Agosto Gastronómico «Valga. Anguía, caña e camiño» está aberta a inscrición no concurso Anguía Chef, dirixido a mozos de entre 13 e 18 anos de idade. Durante dúas xornadas catro equipos formados por catro participantes cada un competirán por ser os mellores cociñando anguía. A primeira eliminatoria terá lugar o 11 de agosto e a gran final será o día 18, en ambos casos no Parque Irmáns Dios Mosquera. As inscricións, por grupos de catro, poden presentarse no Concello ata o día 11.