Valga inicia os preparativos para a exposición da camelia

La Voz

VALGA

MONICA IRAGO

11 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

En Valga levan catorce anos celebrando a súa particular Festa da Camelia. Desta volta, a exposición Bella Otero celebrase durante a fin de semana do 7 e 8 de marzo no Auditorio Municipal. A mostra, organizada pola asociación de Mulleres Rurais Albor coa, colaboración do Concello, traerá a Valga algunhas das variedades máis novidosas da considerada coma flor de Galicia. Como é habitual, a exposición contará coa participación de expositores profesionais, coleccionistas e afeccionados ao mundo da camelia, pero tamén terá un protagonismo destacado a participación local, da man de asociacións e particulares que aportarán centros e composicións florais realizadas con camelias. As inscricións poden realizarse a través da asociación Albor, no Concello ou no Auditorio. A mostra abrirá ao publico a partir das 13 horas do sábado, 7 de marzo. Pola tarde, arredor das 19 horas, entregaranse os recoñecementos aos participantes e a continuación haberá actuacións.