Convocan varias concentracións de repulsa na zona polo triplo crime de Valga

La Voz LALÍN / LA VOZ

VALGA

16 sep 2019 . Actualizado ás 21:00 h.

O triplo crime cometido este luns en Valga xerou unha fervenza de mostras de solidariedade tanto de institucións como de partidos e colectivos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Foron varios os concellos que anunciaron convocatorias de concentracións para este martes en repulsa pola morte de Sandra Boquete Jamardo, a súa nai, María Elena Jamardo Figueroa, e a irmá da primeira a mans do exmarido da primeira, José Luis Abet Lafuente.

En Lalín haberá concentración silenciosa ás 12.00 horas no vestíbulo da casa consistorial, mentres que en Silleda será a esa mesma ante a casa consistorial, como ocorrerá tamén en Rodeiro. Noutros concellos probablemente tamén haxa accións similares aínda que sen que teña transcendido a súa convocatoria.

Azos Feministas

Pola súa banda, o colectivo Azos Feministas de Lalín tamén promove unha concentración polo triplo feminicidio en Valga . No seu caso optaron por celebrala mañá mércores. Terá lugar na Praza dá Igrexa, fronte ao Casino, a partir das 20.30 horas.