Taller de defensa persoal para nenos en Valga

La Voz VALGA

VALGA

Celebrarase o xoves, con inscrición gratuíta

09 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Xoves día 13 •?16 a 18 horas?•?Chaira de Candieira, detrás do auditorio municipal de Valga • Gratuíto?• Moito se fala ultimamente dos talleres de defensa persoal para mulleres. En Valga decidiron organizar este tipo de actividades tamén para nenos a partir dos seis anos. Para participar é preciso inscribirse nas oficinas do Concello ou no auditorio. O taller incluirá unha exhibición a cargo de Julio Oliveira, instrutor da escola de artes marciais Club Roli de Caldas de Reis e quinto dan da disciplina Hapkido, e prácticas de defensa persoal adaptadas ás idades dos nenos. O obxectivo é orientalos para evitar que sexan obxecto de agresións e, chegado o caso, saber sortear os golpes. En caso de choiva, o taller trasladarase ao auditorio.