Loitando en Valga contra os franceses e contra a calor

Bea Costa
Bea Costa VALGA

VALGA

MARTINA MISER

Os veciños recrearon a batalla de Casal do Eirigo

01 jun 2019 . Actualizado ás 20:55 h.

Os veciños de Valga volveron recrear onte a batalla de Casal do Eirigo, aquela en a que fai douscentos anos plantaron cara ás tropas de Napoleón na defensa das súas terras. Contan as crónicas que aquel exército de campesiños gañou, de modo que o episodio ben merece ser lembrado cada ano, e así ocorreu. Aínda que onte había outro inimigo a bater: a calor.

Con paus e armas de fogo, a pé e dacabalo, con lustrosos uniformes e gorros de palla. Na escenificación da batalla non falta detalle. Máis de douscentos figurantes, segundo datos da organización, colaboraron na posta en escena que se celebrou onte nas inmediacións da capela da Saúde. E tras facer a guerra, chegou a festa. Con teatro, música, rosquillas e unha cea campestre