O xulgado desestima a causa de Valga contra a Deputación

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MARTINA MISER

O Concello recorrese a negativa da entidade provincial a incluír o remate do edificio de usos administrativos no Plan de Reequilibrio

13 may 2019 . Actualizado ás 21:00 h.

A Deputación vén de gañar no xulgado unha causa aberta no seu día polo Concello de Valga. A administración local recurrira ao xulgado ao decidir o organismo provincial rexeitar a inclusión do proxecto de remate do edificio de usos administrativos no Plan de Reequilibrio provincial. A resolución do tribunal avala a decisión da Deputación, que negou unha subvención para esa obra de 850.000 euros, ao entender que a decisión respondía ao feito de que o proxecto presentado polo Concello non respondía ás bases do programa de axudas convocado pola entidade que preside Carmela Silva. Esta xa ten gañado outros dous casos semallantes, por denuncias de Vilanova e Sanxenxo.