Un novo incendio en Carracedo pon en xaque durante toda a noite aos servizos de urxencias

La Voz

VALGA

CONCELLO

Aparentemente, as chamas iniciáronse en dous focos distintos e avanzaron cara a Valga

03 abr 2019 . Actualizado ás 12:18 h.

Nova noite de lume en Caldas. Esta vez, en Carracedo, onde ao redor das 23 horas saltaron as alarmas. A partir de dous focos, segundo explican efectivos desprazados ao lugar dos feitos, as chamas formaron unha poderosa fronte que, animado polo vento que sopraba a aquela hora, avanzaba cara á zona de Valga . Desde este municipio desprazouse ao lugar o único axente do GES que estaba de garda durante a noite. Non ía regresar á base ata as catro da madrugada, cando o risco fora por fin conxurado. O efectivo de Valga traballou de xeito conxunto con varias cuadrillas, Protección Civil de Cuntis e o GES de Padrón, que tivo que desprazarse fóra da súa zona de influencia debido á falta de medios no GES valgués.