Uns quilos de luras caídas dun camión léana en Saiar

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Efectivos do GES de Valga tiveron que acudir a limpar a calzada, que estaba esvaradía tras a vertedura accidental

02 abr 2019 . Actualizado ás 14:30 h.

Efectivos do GES de Valga e de mantemento de estradas tiveron que trasladarse esta mañá a Saiar para proceder a unha limpeza de calzada. Non foi un traballo doado. Segundo relatan os efectivos que se trasladaron ata ese lugar, un camión perdera uns cantos quilos de luras. E os coches, ao pasar, foron esmagando os cefalópodos e incrustándoos no asfalto, sobre o que crearon unha capa esvaradía. Os condutores alertaron aos servizos de urxencias,que se tiveron que empregar a fondo para retirar a pegañenta sustancia do firme.