Uxío e Mejo seguirán á fronte do Estudantil, que ficha a Rubén

La Voz A Estrada / LA VOZ

VALGA

Cedida

16 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A xunta directiva acordou a continuidade do tándem formado polos xogadores Uxío e Mejo como adestradores. De forma interina exerceron de técnicos no partido do pasado sábado en Boimorto e fronte ao Furia Athletic en Valga , neste caso en Copa Deputación, con vitoria e pase á seguinte rolda. Ambos carecen de titulación para exercer como adestradores en Preferente pero o club asumirá as posibles sancións que impoña a federación.

Por outra banda, o Estudantil presentaba onte no campo de San Martiño outro novo reforzo para esta recta final da tempada. Trátase de Rubén Andrade, lateral esquerdo de tan só dezanove anos que militou no Compostela. Podería xa entrar na convocatoria do equipo para o choque deste domingo ante o Xallas.