Música para dar ritmo ao outono do Baixo Ulla

La Voz

VALGA

21 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Poñerlle ritmo ao outono do Baixo Ulla é o obxectivo de Os Penoucos, que un ano máis volven con Carolina Son. O Carolina Son terá lugar o vindeiro 1 de decembro, no auditorio de Valga, e neste caso estará protagonizado por Helen e Shana, un dúo de A Guarda que anda a gravar un novo EP, e por Lois, un veciño do Ullán afincado en Madrid que amosará en Valga o seu traballo.