
Ante o inicio da tempada de vacacións, hai pouco persoal nas bases do consorcio
18 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.Este xoves rexistrouse un incendio nun barco no porto de Moaña. Ata alí deberon trasladarse os bombeiros de Ribadumia, cuxa axuda foi solicitada ao estar pechado o parque do Morrazo. E é que, ante o inicio da tempada de vacacións, hai pouco persoal nas bases do consorcio. Tan pouco, de feito, que non dá para manter abertos todas as bases e estas vense abocadas a pechar para reorganizar e reagrupar aos efectivos dispoñibles nun e outro lugar.
O problema, sinalan fontes do sector, é que nin se incorporaron aínda as 14 persoas que deberían reforzar os parques de toda a provincia, nin se quere autorizar a realización de horas extras máis aló das autorizadas pola lei. A consecuencia é evidente: sen xente, os parques vense obrigados a pechar. O de Vilagarcía estivo sen servizo o mércores; o de Ribadumia, o luns.