Brocheta de lacón e filloas recheas ao pé do Concello de Ribadumia

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

Mónica irago

O obradoiro de hostalería da mancomunidade ofreceu unha demostración de cociña

26 novs 2021 . Actualizado ás 14:59 h.

A praza do Concello de Ribadumia converteuse este mediodía nunha cociña co gallo dunha actividade do obradoiro de emprego Hostalería do Salnés XIII, promovido pola Mancomunidade do Salnés e subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade). Esta actividade forma parte do tour de showcookings que levará aos alumnos de restaurante-bar e cociña a percorrer todos os municipios da comarca. Os futuros cociñeiros e cociñeiras, guiados polo seu docente Paco Caneda, realizaron tres elaboracións nas que os ingredientes estrela foron os produtos das festas gastronómicas locais: brocheta de lacón con crema de grelos e aceite de trufa; rulo de polo con cebola confitada sobre pan de viño tinto de Barrantes e filloas recheas de queixo con uvas e velo de viño tinto de Barrantes.

Pola súa parte, o alumnado de restaurante-bar, axudados pola súa docente Pili Amoedo, prepararon un mojito e unha sangría de tinto de Barrantes. A veciñanza puido ver as creacións do obradoiro de emprego e degustar de balde os pratos e bebidas elaboradas.