Rafael Serantes resulta malferido nun accidente de moto en Ribadumia

B. C. RIBADUMIA

RIBADUMIA

Mónica Irago

Tivo que ser evacuado en helicóptero ao hospital de Santiago

08 may 2021 . Actualizado ás 18:48 h.

As alarmas soaron este mediodía en Ribadumia como consecuencia dun accidente de tráfico ocorrido na principal rúa do pobo, na avenida Bouza Martín, en Barrantes. Unha furgoneta chocaba con unha moto que conducía o coñecido hostaleiro Rafael Serantes. Resultou malferido e tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado a un centro hospitalario de Santiago.

Monica Irago

Segundo informa o alcalde, David Castro, -que se trasladou ao momento- Serantes ía consciente, o cal é un bo sinal de cara á súa futura recuperación. O condutor da furgoneta, A.C. C., veciño de Barro de 28 anos, non precisou atención médica. Ata o punto desprazáronse efectivos da Garda Civil, do Servizo de Emerxencias de Cambados e de Vilagarcía e Protección Civil de Ribadumia.

Non moi lonxe de alí, na PO-550 en Castrelo (Cambados) rexistrouse outro accidente de tráfico, aínda que neste caso non houbo que lamentar danos persoais.