Club de ciencias en Ribadumia

La Voz

RIBADUMIA

CEDIDA

Os alumnos elaboraron xeado de diferentes sabores

14 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O colexio desta localidade arousá aproveita as ciencias para traballar materias como a lingua e as matemáticas. Esta semana, por exemplo, os seus alumnos aprenderon a elaborar xeado de diferentes sabores. Pero, ademais, o centro está inmerso tamén en organizar unha carreira solidaria contra a leucemia e en facer outra de cros.