EU do Grove denuncia o peche da casa de cultura de San Vicente desde xaneiro

La Voz O Grove

O Grove

MONICA IRAGO

Culpan da situación á «ineptitude» do goberno local

02 ago 2021 . Actualizado ás 14:11 h.

Esquerda Unida mostra o seu malestar e denuncia a situación que se está a producir coa casa da cultura Ángel Vázquez Hereder e a súa axencia de lectura (San Vicente), que leva pechada ao público desde xaneiro, segundo informa o grupo da oposición. Culpan desta situación á «ineptitude da concellería de Cultura e, por extensión, do goberno municipal, ao non ser quen de dotar de persoal o departamento de Cultura».

EU critica a xestión levada a cabo en relación á bolsa de emprego para contratar a un auxiliar de Cultura —situación da que xa alertaron no pleno do pasado mes de marzo— e advirte de que, ademais das prexuízos para os veciños da parroquia, o peche desta dependencia pon en perigo a subvención da Xunta por falta de actividade así como a programación cultural e outras posibles subvencións no que resta de ano.