O Festival Montenegro leva ao Monte dá Vila a Marta dá Costa e Alberto Guitián

La Voz O Grove / LA VOZ

O Grove

Martina Miser

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A celebración da cuarta edición do Festival Montenegro de Arte e Novela Negra levou este xoves ata o instituto Monte da Vila, do Grove, á poetisa Marta da Costa e ao ilustrador Alberto Guitián. O alumnado de Debuxo Artístico e de Técnicas de Expresión Gráfico-Plásticas, de bacharelato, compartiu con Dacosta a experiencia de realizar ilustracións sobre un dos seus poemas do libro A casa dá avoa, e asistiron a un obradoiro de «Imaxe e Poesía, Poesía e Imaxe».

O ilustrador Alberto Guitián realizou dous obradoiros. O primeiro, no que se aprendeu a crear e caracterizar unha personaxe, estivo dirixido ao alumnado que creou clubs de ilustración na biblioteca. O segundo, onde os participante aprenderon a crear un storyboard, estivo dirixido ao alumnado de Técnicas de Expresión Gráfico-Plásticas.