Por fin empeza o curso na escola de música do Grove

r.e.

O Grove

MARUXA ALFONSO

Despois dunha infinidade de vicisitudes e problemas, o luns arrincaron ao fin as clases no centro meco

23 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois dunha infinidade de vicisitudes e problemas, o luns arrincou por fin o curso na Escola de Música Municipal José Silva Torres, no Grove. Segundo informa o Concello, hai máis de corenta persoas inscritas para recibir formación durante este curso, que se estenderá ata o 20 de xuño. Segundo sinala o Concello, as clases impartiranse de luns a venres, sempre en horario de tarde.

A oferta é ampla. Inclúe música e movemento, linguaxe musical, e clases de instrumentos como guitarra, violín, piano, percusión, violoncelo, clarinete e oboe, «sendo vos máis demandados piano e guitarra».

Nestes momentos, aínda quedan prazas vacantes nalgunhas destas disciplinas, motivo polo cal desde o Concello do Grove invitan a todos os interesados a que se informen sobre as posibilidades que aínda teñen, ben a través do correo esmuogrove\gmail.com, ben a través do número de teléfono 616 300 749. O prazo de matrícula segue aberto.