Investigan a un grovense por un suposto caso de violencia de xénero

La Voz O Grove

O Grove

MARTINA MISER

Unha muller tivo que ser atendida no servizo de urxencias do centro de saúde

14 ene 2020 . Actualizado ás 14:31 h.

A Garda Civil investiga a un veciño do Grove por un suposto caso de violencia de xénero. Os feitos ocorreron o luns a última hora da tarde nunha vivenda da rúa de Fonte Grande. A policía local —que volvía estar cunha patrulla unipersoal— recibiu unha alerta a través do 112 e acudiu ao lugar, onde se atopaba xa a Garda Civil. A muller foi atendida no PAC do Grove. Non transcenderon máis datos do suceso.