O Concello de O Grove planta paulonias para loitar contra o cambio climático

B. C. O Grove

O Grove

cedida

Son árbores con gran capacidade para absorber CO2 e expulsar osíxeno á atmosfera

14 ene 2020 . Actualizado ás 18:24 h.

É un pequeno xesto que para o goberno local do Grove ten a súa relevancia. «Parece unha bobada pero estamos convencidos de que pequenas actuacións como esta en concellos como O Grove contribúen a concienciar na sustentabilidade». Fala o alcalde, José Antonio Cacabelos, e refírese á plantación de novas árbores no municipio. Trátase de paulonias, que teñen unha alta capacidade para reducir as emisións de CO2 e para producir osíxeno, segundo explican desde o Concello.

Plantáronse os cinco primeiros exemplares na zona do Corgo e a previsión é estender esta variedade arbórea a outros espazos verdes do municipio como Confín e Terra de Porto. «É como un filtrador de aire», apunta o rexedor.

José Antonio Cacabelos circunscribe esta iniciativa na política ambiental do Concello, que pivota sobre varias liñas: compostaxe de restos orgánicos, redución da contaminación lumínica, a peonalización de rúas e a xestión de residuos nas festas, como o Marisco e o Nadal.