A instalación dun ascensor obriga a pechar a casa da cultura do Grove tres semanas

La Voz O Grove / LA VOZ

O Grove

VITOR MEJUTO

O investimento ascende a 35.000 euros

12 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello do Grove anuncia que desde o 23 de setembro ao 14 de outubro permanecerá pechada a casa da cultura Manuel Lueiro Rey como consecuencia das obras que se van levar a cabo no edificio para instalar un ascensor. Os traballos foron adxudicados e a previsión é que empecen o día 23, cun prazo de execución de tres semanas.

35.000 euros

A obra ten un custo de 35.000 euros e inclúese no proxecto de mellora da accesibilidade en vías e edificios públicos que comezou a executar o Concello no ano 2015. Unha vez liquidado o problema neste centro cultural, aínda quedará pendente a eliminación de barreiras arquitectónicas para persoas con mobilidade reducida na casa da cultura de San Vicente.