Iván Ferreiro non falla en San Vicente

elisa pérez / B. c.

O Grove

Óscar Vázquez

O músico nigranés repite esta noite no atardecer do Náutico, ou o que xa é o seu hábitat natural

20 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20 horas • Entradas esgotadas • Praia da Barrosa (O Grove) • Se hai algo que atrae aos músicos que pisan durante o verán o escenario situado na praia grovense da Barrosa é o atardecer que se debuxa no ceo arousán. Porque tocar nun lugar como o Náutico marca a diferenza. O nigranés Iván Ferreiro está seguro diso, e por iso nunca dubida en pasarse por San Vicente para deleitar coas súas cancións a calquera que lle perda a música ao aire libre. Onte fíxoo xunto ao cantautor madrileño Leiva, con quen xa estivo o ano pasado pondo banda sonora á posta de sol do Grove e fronte a un público que gozou ao máximo do talento de dous artistas referentes do panorama indie. Esta noite, os que teñan tido a sorte, e a rapidez, de deixar reservado o seu sitio no local situado a pé de praia, poderán gozar, a partir das 20 horas, do amplo repertorio de Ferreiro, que xa inclúe os temas do seu último disco, «Cea recalentada». Os seguidores da música do galego, máis acostumados velo nos festivais de todo o país, acudirán con puntualidade británica ao Náutico.