O porno americano cóase no boletín parroquial do Grove

m. a. / a. g. / s. g. O Grove / LA VOZ

O Grove

CEDIDA

Unha foto de dous actores pornográficos ilustra unha reflexión sobre o diálogo familiar na publicación eclesiástica

23 mares 2019 . Actualizado ás 08:16 h.

Que Internet o carga o diaño é algo do que ninguén no seu san xuízo dubidaría a estas alturas. A recado, non os fieis das parroquias de San Martiño e San Vicente do Grove, que no seu último boletín puideron ler unha mensaxe do todo inusual. Non tanto polo seu contido como pola imaxe que os seus redactores utilizaron para ilustralo. O diálogo na vida familiar é o tema ao que a igrexa meca dedicaba a súa publicación para o período comprendido entre os días 11 e 24 de marzo. Ata aquí nada estraño. O problema xorde ao analizar a fotografía elixida, que retrata a unha parella sentada nun sofá, que non se mira. Sucede que se trata de Johnny Sins e Jayden Jaymes, dous afamados actores porno norteamericanos.

A cousa pasase desapercibida de non ser porque o boletín caeu nas mans dalgún entendido no xénero, con coñecementos suficientes como para identificar inmediatamente aos protagonistas da imaxe a pesar de que estaban vestidos. De aí ao balbordo que onte se xerou nas redes houbo un só paso.

A explicación non é complicada. O párroco baixou a foto da web sen comprobar a súa orixe. Curiosamente, un texto en portugués acompaña a escena: «Nos dias actuais é muito comun ver discussõé bobas entre casais. Falta comunicasãou e diálogos saudáveis». Desde a parroquia restan importancia á anécdota e asumen o erro. O importante, subliñan, é o que refire o artigo en cuestión.