The Crab Apples inaugura os concertos do Náutico

O Grove

IDEP BARCELONA

Arrinca a tempada musical no templo de San Vicente

20 mares 2019 . Actualizado ás 19:47 h.

Sábado, 23 de marzo • 20.00 horas • O Náutico de San Vicente (O Grove) • Entrada 5 euros • A banda indie The Crab Apples será a encargada de inaugurar a tempada de concertos no náutico de San Vicente. A formación chega ao Grove tras ter paseado o seu pop alternativo por festivais de tanta entidade como o Primavera Sound ou o SanSan. O concerto dará comezo ás oito da tarde.

Carla Gimeno á voz e a guitarra, Laia Alsina na guitarra eléctrica, Laila Martí no baixo e Mauro Cavallaro na batería compoñen The Crab Apples, unha banda de Barcelona que, como o seu nome indica, denotan a acidez xusta e propio dun grupo formado por catro novos que se consideran silvestres pola súa liberdade, frescura e intuición á hora de interpretar a música. Tras o seu disco «Right Here» e ter presentado en máis de cincuenta concertos «Hello Stranger» traen ao Grove o seu terceiro disco, «A Drastic Mistake».