Degustación de callos no San Martiño do Grove

O Grove

MARTINA MISER

A festa tivo que ser suspendida a semana pasada polo mal tempo

18 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • A partir das 11.00 horas • Praza do Corgo (O Grove) • San Martiño empezará hoxe coa actuación do grupo Paradanda. Ás doce e media chegará o pregón, a cargo do chef Javi Oleiros. A continuación haberá unha actuación do grupo de baile Cantodorxo, que dará paso á sesión vermú con Versión Orixinal. Será entón cando se comecen a servir as primeiras racións de callos. Pola tarde actuarán Cantodorxo e Os Firrás. Ao rematar, a verbena.