Callos para festexar o patrón do Grove

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso O Grove / LA VOZ

O Grove

Maruxa Alfonso

O chef Javi Oleiros encargouse de ler o pregón

18 novs 2018 . Actualizado ás 18:30 h.

Os grovenses celebraron onte o día de San Martiño. E foi o cociñeiro Javi Oleiros o que se encargou de abrir os festexos, cun pregón no que falou da importancia que o mar e o campo teñen para O Grove. O cociñeiro, que acababa de chegar de traballar na ligazón de Marta Ortega e Carlos Torreta, mostrouse orgulloso de que contasen con el para este festexo. Paradanda e Cantodorxo puxeron a música e o baile nun mediodía que estivo protagonizado polos callos. Centos e centos de racións servíronse no Corgo durante toda a mañá.