Arde por completo un galpón no Grove

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso O Grove / LA VOZ

O Grove

MARTINA MISER

O inmoble utilizábase como vivenda e os seus dous ocupantes resultaron feridos leves

17 novs 2018 . Actualizado ás 20:37 h.

Efectivos do grupo municipal de urxencias do Grove tiveron que extinguir onte o lume que se declarou no interior dun galpón, situado na zona de Campos. Foi un veciño o que deu a voz de alarma, pois o inmoble facía a función de vivenda. Aínda que por agora se descoñecen as causas, a orixe do lume puido estar nun curtocircuíto. Os dous ocupantes do galpón resultaron feridos leves e nun primeiro momento nin sequera precisaron atención  médica.