A por unha nova colleita de repolos en Meis

B. C. MEIS

MEIS

Mónica Irago

Alumnos do colexio de Mosteiro afrontan unha nova plantación dentro do proxecto europeo Erasmus+

30 novs 2021 . Actualizado ás 14:00 h.

O colexio de Mosteiro (Meis) segue inmerso en o Programa botánico de selección e mellora participativa da Unión Europea (Erasmus+) e este martes tocou pórse ao choio. Alumnos de  Bioloxía e Ciencias Aplicadas de cuarto da ESO fóronse á leira a plantar repolos e especies de xardín que deberán coidar e estudar ata a primavera. Unha vez feitos os deberes, chegará o momento de comerllos e de trasladar as plantas ornamentais ás rotondas e outros espazos públicos do municipio.