A alcaldesa de Meis entrega en Santiago 1.975 firmas esixindo mellor sanidade

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

XOAN A. ADOITAR

«Agora só queda que a mensaxe que enviaron os veciños de Meis chegue a quen ten que chegar», declara Marta Giráldez

05 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldesa de Meis , Marta Giráldez (PSOE), acudiu onte a Santiago para completar unha fin de semana no que os veciños desta localidade do Salnés reivindicaron melloras na atención sanitaria que reciben no seu municipio. Se o venres iniciaban unha marcha cara a Compostela que se completou o pasado domingo, onte tocoulle á rexedora e algúns dos integrantes do seu grupo de goberno volver á capital de Galicia para facer acto de entrega no rexistro da Xunta das case 2.000 firmas recollidas entre os veciños. «Estamos máis que satisfeitos do resultado desta campaña de mobilización. Foi moi emocionante o camiño, e foi moi emocionante chegar a Santiago e ver como a xente nos abría paso polas rúas e como, ao ver a nosa pancarta, nos daban ánimos», sinala a rexedora. «Agora só queda que a mensaxe que enviaron os veciños de Meis chegue a quen ten que chegar».