Denuncian o abandono do petróglifo de Outeiro do Cribo

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

cedida

A asociación Umia Vivo lamenta «a falta de interese dá clase política»

22 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O petróglifo de Outeiro do Cribo, en Meis, quedará como está e, segundo denuncia a asociación Umia Vivo, está abandonado. A asociación presentou unha reclamación aos orzamentos municipais de Meis do 2020 co obxectivo de que se incluíse unha partida económica para o coidado do patrimonio arqueolóxico, en concreto, para que se tomen medidas urxentes de roza da biomasa e sinalización en aras de evitar «danos dos incendios ou da maquinaria utilizada na realización de traballos forestais».

A reclamación foi desestimada no pleno, cos votos unánimes de toda a corporación, e a asociación fai fincapé no cambio de postura do PSOE (hoxe no goberno) respecto ao ano pasado, cando esta petición tamén foi desestimada polo pleno. A asociación Umia Vivo lamenta «a falta de interese dá clase política» e apela á cidadanía para esixir que se cumpra a normativa en materia de conservación do patrimonio arqueolóxico.