«Véxome con opcións de meterme non barco estrela»

MEIS

Cedida

O kayakista de Meis Iago Monteagudo, ha reingresado no equipo nacional tras tres tempadas de traballo no seu club, o Naval de Pontevedra

09 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O día 15 Iago Monteagudo cumprirá 22 anos. O kayakista meisino do Club Naval de Pontevedra ultima a súa posta a piques de cara a completar a súa etapa Sub-23 cun salto de calidade que lle permita abrirse un oco no híper competitivo panorama piragüista internacional, nun momento no que España loce o cartel de potencia da disciplina.

Tras cubrir o seu primeiro ano de xuvenil no CGTD de Pontevedra, e o segundo coa selección da categoría en Asturias, Monteagudo regresou ao seu club, onde evolucionou durante as tres últimas tempadas, ata acadar un nivel que o fixo acredor do seu reingreso no equipo nacional. Agora, o Sub-23 con base en Sevilla. Con participación no Europeo Sub-23 e o Europeo e Mundial Universitario do 2018, internacional tres dos últimos catro anos, o de Meis, especialista no quilómetro, declara que no 2019 «espero meterme no Mundial Sub-23, a poder ser, no barco estrela, o K-4; pero se tamén me podo colar nun K-1, máis cá mellor». Hai un mes estreaba con España o seu palmarés internacional con senllos ouros no K-4 200 e 500 e a prata no K-1 200 da Regata Internacional do Nilo, en Exipto.