Avelino Tourís convértese no responsable local do BNG de Meaño

La Voz MEAÑO

MEAÑO

O consello local complétase con Chus Chantada Barreiro e Daniel Lores Caneda 

01 dic 2021 . Actualizado ás 15:09 h.

O BNG de Meaño vén de elixir o seu novo consello local. Por unanimidade, saíron elixidos Avelino Tourís Fajardo, como responsable local, e Chus Chantada Barreiro e Daniel Lores Caneda como membros do consello.

Así mesmo, o BNG de Meaño amplía a súa presenza no consello comarcal do BNG do Salnés coa incorporación de tres meañeses: Rosa Castro Oubiña, Iago Lorenzo Santamaría e o propio responsable local, Avelino Tourís. «O considerable aumento de altas de militantes e o traballo constante e eficaz do anterior consello, fixeron posible que o BNG de Meaño se posicionase como segunda forza política en Meaño. Quedan por diante moitos retos que afrontar nun concello gobernado por políticas inmobilistas, totalmente estancado e incapaz de resolver os problemas que sofren os veciños», subliña a formación nacionalista.