Unha muller ferida nun accidente de tráfico en Dena

La Voz MEAÑO

MEAÑO

MONICA IRAGO

O suceso produciuse á primeira hora na PO-550

09 ene 2020 . Actualizado ás 14:41 h.

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico ocorrido hoxe á primeira hora, as 7.45 horas, na estrada P-550 ao seu paso polo centro de Dena (Meaño). O suceso foi froito da colisión entre dous vehículos e a ferida foi evacuada en ambulancia a un centro sanitario. O accidente mobilizou á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Meaño.