As fortes choivas provocan a caída de varios metros de muro en San Benito de Lores

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

Cedida

O desprendemento obrigou a cortar unha vía próxima á capela

27 novs 2019 . Actualizado ás 21:50 h.

As fortes choivas parecen ter sido a causa da caída dun muro en San Benito de Lores, en Meaño. Trátase, en concreto, dunha estrutura próxima á capela, da que se derrubaron ao redor de nove metros de ata cinco metros de altura, segundo informa a Policía Local. O suceso produciuse pola mañá cando, afortundamente, ninguén transitaba pola pista sobre a que se precipitou unha marea de pedra e cascallo. A vía quedou cortada. 

En Vilagarcía foi outro dos fenómenos atmosféricos que nos atormentan estes días, o vento, o primeiro sospeitoso do desprendemento de cristais que na tarde deste martes obrigou a cortar a rúa Doutor Tourón. En concreto, caeron varios cristais dun edificio abandonado, aínda que de novo houbo sorte e derrubáronse sobre a calzada e nun momento no que por esta non circulaba ningún vehículo. Os efectivos do servizo de Emerxencias tiveron que trasladarse ao lugar cun guindastre para retirar as pezas que aínda non caeran, polo que tiveron que botar man dun guindastre e cortar a vía, desprazando incluso algúns vehículos que estaban estacionados no lugar.

Polo demais, o mal tempo parece ser o responsable das caídas dalgunhas árbores ao longo e ancho da zona sur da ría de Arousa.