Búscanse participantes para o concurso de carteis do Festival de Bandas de Meaño

MEAÑO

MARTINA MISER

Os interesados poden presentar as súas propostas ata o día 31 no rexistro do Concello

26 ene 2019 . Actualizado ás 19:13 h.

Ata o 31 de xaneiro • Rexistro do Concello de Meaño • Os organizadores do tradicional Festival de Bandas de Meaño están preocupados. Hai xa algún tempo que puxeron en marcha o concurso co que todos os anos elixen o cartel que promociona a festa. Pero, nesta ocasión, son moi poucos os que concorreron á cita. A falta dunha semana para que se peche o prazo, que conclúe o próximo día 31, apenas hai candidatos polo que, de non presentarse ninguén máis, o certame tería que ser declarado deserto. Por iso animan a todos os interesados a enviar as súas propostas canto antes, pois con todas elas se realizará unha exposición en Quinta de San Amaro. Desde a organización tamén lembran que o primeiro premio será 300 euros e unha noite de hotel, con cea incluída, para dúas persoas. Haberá un segundo premio de aloxamento e almorzo en Quinta de San Amaro e un terceiro, que consistirá nun aperitivo nese establecemento.