O GDR entrega 7.000 euros en premios de fotografía

MEAÑO

21 dic 2018 . Actualizado ás 12:38 h.

Hoxe • 13.00 horas • Pazo de Lis (Meaño) • Os responsables do Grupo de Desenvolvemento rural do Salnés repartirá hoxe 7.500 euros en premios do seu concurso de fotografía. Esta é a segunda edición dun certame pensado para afeccionados que poñan en valor o medio rural. O gañador deste ano é José Ramón Miguéns, que levará 2.500 euros por «Desconexión». O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi para Sonia Pita, pola súa instantánea «A verea dourada». E en terceiro lugar quedou Isaac Ventoso, polo seu «Atardecer en Ribadumia», que recibirá 1.500 euros. Ao certame presentáronse preto de 200 participantes e o xurado non tivo doado a elección de gañadores.