Os bombeiros tardan máis de catro horas en sufocar o incendio nun galpón de Catoira

B. C. CATOIRA

CATOIRA

cedida

Ocorreu esta noite na parroquia de Dimo. Non houbo que lamentar danos persoais

18 novs 2021 . Actualizado ás 09:55 h.

O camiño de San Cibrán, en Dimo (Catoira), encheuse onte á noite de fume e sirenas. Un incendio calcinou o galpón dunha casa e provocou a mobilización de un amplo dispositivo formado polos Bombeiros do Salnés (desprazados desde Vilagarcía e Ribadumia), o GES de Padrón e Protección Civil de Catoira. As chamas cebáronse de tal xeito cos aveños que alí se gardaban que foi necesario investir máis de catro horas, desde as nove da noite ata a 1,15 horas de hoxe, nos labores de extinción. O galpón está anexo a unha vivenda. Non hai que lamentar danos persoais.