Carta de despedida a un amigo xeneroso

segundo rei

CATOIRA

Manuel Lajos Guillán, «Lucho» era veterinario

25 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Con profunda dor recibimos, o domingo 18 de xullo, a noticia do falecemento de Manuel Lajos Guillán. Lucho, como era coñecido, ingresou no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a consecuencia dunha caída no seu domicilio e todos agardabamos que se recuperase, pero o seu delicado estado de saúde acabou coa súa vida.

Lucho era veterinario. Naceu en Catoira en 1941 e vivía coa súa familia en Caldas de Reis, preto da súa adorada Catoira, que era raro que non visitase dous ou tres veces por semana para ver á súa familia e estar cos seus amigos.

Lucho era unha gran persoa, amigo dos seus amigos, xeneroso e alegre, ao que todos lembraremos co cariño que sempre nos dispensou e nunca regateou. Quero expresar en nome de todos os seus amigos noso pesar e as nosas condolencias á súa viúva Elvira, ás súas fillas Fátima e Rebeca e aos seus netos. Os teus amigos nunca esqueceremos a túa xenerosa e inquebrantable amizade. Descanse en paz.