Morren dous dos golfiños que se empeñaron en remontar o Ulla

Rosa Estévez
R. Estévez VILAGARCÍA / LA VOZ

CATOIRA

cedida

O exemplar que pasou un par de días en Pontecesures faleceu onte tarde na beira de Padrón; o cadáver do que foi rescatado en Catoira apareceu a última hora en Mañóns

07 ene 2020 . Actualizado ás 13:51 h.

Nas instalacións do Cenma practicábanse esta mañá as necropsias aos corpos de dous dos golfiños que o domingo, véspera de Reyes, chegaron ata o fondo da ría e intentaron remontar o Ulla. Eran cinco exemplares cuxa presencia canle arriba -algún chegou mesmo a Pontecesures- causou unha profunda sorpresa. Aquel domingo, unha femia morreu nunha praia de Barbanza; da súa cría perdeuse o rastro. E onte pola tarde, a última hora, o Cenma recibiu a noticia doutros dous falecementos. Un era o exemplar que pasara a xornada nadando en augas profundas do Ulla, en Pontecesures: a última hora da tarde, el mesmo achegouse ata a beira do río, en Padrón. Os esforzos do GES desta localidade por rescatalo resultaron infrutuosos. O outro corpo achado onte pola tarde apareceu na praia de Mañóns, en Barbanza. Tratábase dunha femia que, pola mañá, fora rescatada en Catoira e liberada no porto de Vilagarcía, onde se achaban outros dous exemplares da manda. Destes, igual que do cachorro que perdeu á súa nai, nada se sabe de momento. O luns a última hora uno pareceu varar na rampla do porto, pero el mesmo conseguiu volver á auga. Que foi deles? O Cenma segue buscando unha resposta.