O PSOE reivindica a categoría de interese turístico para as caveiras de Catoira

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

CEDIDA

Alberto García argumenta que a procesión afonde as súas raíces na tradución galega e cumpre todos os criterios para obter a distinción

24 novs 2019 . Actualizado ás 21:00 h.

Este ano, a procesión de caveiras de Catoira, xestada no seo do colexio Progreso e asumida tamén polo propio Concello, celebra a súa vixésima edición. Con este motivo, o PSOE proporá esta tarde á corporación a solicitude á Xunta da categoría de festa de interese turístico de Galicia para unha manifestación cultural que afonda as súa raíces nun pasado remoto (boa proba é o costume tradicional de baleirar os calacús e prender neles unha candea na noite do 1 de novembro). O seu voceiro, Alberto García, reclama, tamén, que o número de cada edición volva figurar nos seus carteis.