O PSOE denuncia o abandono que sofre a única praia de Catoira

a.g. VILAGARCÍA / LA VOZ

CATOIRA

Mónica Irago

Alberto García asegura que o Concello dispón de maquinaria para tela en mellores condicións

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Non lle convence Alberto García, non lle convence en absoluto de feito, o devir que está a tomar Catoira unha vez que el abandonou o posto de alcalde da localidade viquinga. As chamadas de atención do rexedor durante trinta anos e agora portavoz municipal do PSOE son continuas e nesta ocasión diríxense cara á única praia que hai en Catoira. García denuncia o abandono que sofre o areal. Un abandono que se plasma nos hierbajos facéndose os reis do lugar, nunha situación que o representante do puño e a rosa non entende

Sostén Alberto García que o Concello dispón da maquinaria necesaria para remediar a situación e que se non a utiliza é pola desidia do actual rexedor.

O exalcalde de Catoira tamén lanza os seus dardos cara á zona na que se realizou o desembarco viquingo que, segundo afirma, aínda non fora recollida fai uns días na súa totalidade a pesar de que a celebración tivo lugar fai máis dun par semanas, e pono como exemplo do que define como ineficacia do actual goberno municipal.