Un muller ferida ao chocar a súa moto contra un turismo

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

MARTINA MISER

O suceso tivo lugar ás oito da tarde na PO-548, en Catoira

17 mares 2019 . Actualizado ás 20:52 h.

Efectivos de Protección Civil de Catoira e do GES de Valga tiveron que atender un sinistro de tráfico que se produciu pasadas as oito da tarde. No mesmo víronse implicados un turismo e unha motocicleta. O primeiro destes vehículos saía dun cruzamento cando, ao parecer, non viu á moto, á que embistió. A ferida é a condutora da motocicleta, que tivo que ser derivada ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061.