Os populares piden semáforos con pulsador para tres puntos conflitivos de Catoira

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

MONICA IRAGO

Transmitiron a súa solicitude ao xefe provincial de infraestruturas

14 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O candidato do PP de Catoira, Iván Caamaño, mantivo unha reunión co xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, para «reclamar tres semáforos de pulsador para tres puntos perigosos do concello».

O primeiro, explican os populares, situaríase no paso de peóns da alameda, «unindo esta, xunto coa igrexa e o centro, coa farmacia, o cemiterio e o supermercado». O segundo semáforo situaríase no paseo de peóns de Abalo, na estrada a Vilagarcía. O terceiro e último situaríase no paso de peóns que une o edificio do consistorio e auditorio coa entrada da aldea de Barral.

«O PP de Catoira é consciente de que os veciños levan moito tempo reclamando estes semáforos, pero como sempre o Concello non está onde debe estar», din os populares.