Morre atropelado o concelleiro de Catoira Eduardo Touriño

Bea Costa
Bea Costa CATOIRA

CATOIRA

Martina Miser

A vítima estaba repartindo o pan ao redor das nove da mañá cando ocorreu o suceso. É o segundo edil que perde o PSOE en catro meses tras a morte de Carlos Castaño

24 ene 2019 . Actualizado ás 11:36 h.

Eduardo Touriño Criado, veciño de Catoira de 46 anos de idade e concelleira do PSOE neste municipio, faleceu hoxe vítima dun atropelo.Era natural da parroquia de Abalo e tiña dous fillos.

Os feitos ocorreron pasadas as nove, na estrada PO-548, a poucos metros da casa consistorial, cando o home, que estaba a facer a habitual repartición do pan da mañá, foi acadado por un camión.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias, pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. A fatal noticia prodúcese tan só catro meses despois de que falecese o concelleiro socialista Carlos Castaño Ferreirós tras sufrir un accidente cando practicaba kitesurf na Illa.

O alcalde de Catoira, Alberto García, está profundamente afectado pola perda dun compañeiro e amigo co que leva compartindo tarefas de goberno desde o ano 2007. No Concello xa ondean as bandeiras a media hasta e o rexedor ten previsto a esta hora reunir á corporación para convocar algún acto institucional en sinal de duelo.

Eduardo Touriño, en una imagen de archivo
Eduardo Touriño, nunha imaxe de arquivo MONICA FERREIROS

Eduardo Touriño era primeiro tenente de alcalde e delegado da área de Obras e Servizos. Esta mesma mañá, antes de iniciar a repartición do pan, achegouse á nave municipal para distribuír o traballo do día dos operarios, segundo relata o alcalde, «como facía todas as mañáns».